Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Baixa ocupabilidade para 75 mil persoas

Poucas ou moi poucas posibilidades de deixar o desemprego para a metade dos parados

Galiza acumula o peor dato a nivel estatal en canto a porcentaxe de desempregados co máis baixo "índice de ocupabilidade".

Redacción - 13:00 06/10/2008

Segundo o índice de ocupabilidade son un total de 75.784 persoas as que en Galiza se atopan nas listas do paro no apartado estatístico cualificado de baixo e moi baixo grao de ocupabilidade. Isto supón o 48,34% do total de desempregados no país.

No primeiro caso, o estudo realizado polo Ministerio de Traballo admite a existencia de 44.726 desempregados con baixo índice de ocupabilidade, o 28,52% do total. Un dato que neste caso se sitúa un chisco abaixo da media estatal, do 29,39%. Doutra volta, o número de parados cualificados cun grao de ocupabilidade "moi baixo" chega en Galiza a 31.078 persoas, o 19,82%, a peor porcentaxe no conxunto do Estado, onde a media queda nun 14,29%.

En Galiza a cifra incrementouse en 4.397 persoas no último mes. No que vai de ano, o total de parados con baixo ou moi baixo grao de ocupabilidade chimpou até afectarlle a 15.874 traballadores máis. Na maior parte dos casos, trátase de desempregados por riba dos 45 anos de idade, sendo maioría mulleres. O sector servizos e a construción botan a maior parte de parados cara a este índice.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: