Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL DE OUTONO DE CARBALLO E GALICREQUES

Actores de carne, actores de farrapo

Semana de teatro, na que destaca a inauguración do FIOT bergantiñan, e o festival de monicreques, en Compostela, Lugo e As Mariñas.

Redacción - 11:19 06/10/2008

O Festival Internacional Outono de Teatro celebra este 2008 os vinte anos do nacemento do grupo Ártabro Teatro. Faino cunha programación variada traerá a Carballo compañías galegas, españolas, italianas, belgas e portuguesas. O festival abrirase cunha compañía local, Talía Teatro, de Cee, cunha amplísima traxectoria ás costas, que o venres 10 representará Anfitrión, e ti quen ves sendo?. Tomarán o relevo os valencianos L'Om-Imprebís co seu Tenorio (o sábado), e Imprebís (domingo).

Nas semanas seguintes Teatro Meridional traerá La verdadera historia de los Hermanos Marx, Lagarta Lagarta Aeroplanos e Teatro delle Ariette Teatro da Mangiare?

Galicreques 2008
Noutros lugares de Galiza, os actores teñen pel de farrapo esta semana. O Galicreques 2008 divide os seus espectáculos entre Santiago, Lugo e diversas localidades das Mariñas, como Betanzos, Culleredo, Oleiros, Sada ou Bergondo. O Galicreques 2008 comeza o luns 6 e chegará até o mércores 15. Participan compañías galegas como A Internacional, brasileiras (Teatro Portátil), ecuatorianas (La Rana Sabia), alemanas (Theater PassParTu) ou francesas (Teatro Risorious)

En Compostela, de luns a venres, en sesións matinais, ofreceranse espectáculos para escolares. E cara á fin de semana poderase disfrutar de espectáculos para todos os públicos e mesmo algunhas funcións dirixiranse en exclusiva ao público adulto. Celebraranse tamén espectáculos de rúa, na praza de Praterías e na do Toural, e na Alameda mesmo se situará un camión da compañía francesa Teatro Risorius con capacidade para 45 espectadores que ofrecerá espectáculos o venres, sábado e domingo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: