Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SON 0,58 EUROS POR CLIENTE

Telefónica comeza a cobrar a identificación de chamadas

Asociacións de consumidores criticaron a medida, por ter que pagar por un servizo que non foi solicitado e ser preciso darse de baixa explicitamente.

Redacción - 13:20 01/10/2008
Teléfono 'Domo', de Telefónica

Teléfono 'Domo', de Telefónica

Dende o 1 de outubro, o operador de telecomunicacións dominante, Telefónica, pasará a aumentar notabelmente os seus ingresos. A partir desa data, cobraralle a cada abonado 0,58 euros máis polo servizo de identificación de chamadas, activado por defecto. Dende o 10 de xullo xa llo viña cobrando ás persoas usuarias que non tiñan liña ADSL.

O feito de comezar a cobrar por un servizo que era gratuíto xa foi criticado por diversas asociacións de consumidores e usuarios, como FACUA, que denunciou Telefónica perante as autoridades competentes. A entidade salienta que o operador pretende obter cartos por un servizo que os seus clientes non solicitaran expresamente.

Telefónica xustificou a nova taxa no custo que lle supón manter o servizo de identificación de chamadas. Para darse de baixa será preciso chamar, de balde, ao 1004, e quizais ter un pouco de paciencia.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: