Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
esta fin de semana

O pontevedrés Óscar Vicente consegue dúas medallas no Mundial Júnior de Duatlón

Gañou o bronce a nivel individual e o ouro por equipos, demostrando estar na elite deste deporte a nivel internacional.

Redacción - 11:53 30/09/2008
Óscar Vicente

Óscar Vicente

O pontevedrés do Cidade de Lugo Fluvial, Óscar Vicente, gañou a pasada fin de semana a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón Júnior, na proba individual, e a de ouro na proba de relevos por equipos.

Na proba individual, Vicente entrou na meta a só 10'' do campión, o sudafricano Richard Murray, quen revalidou o título obtido o ano pasado. A outra medalla, a da proba de relevos, conseguiuna o pontevedrés competindo no equipo estatal, do que tamén facían parte o mallorquino Mario Mola e o catalán Albert Moreno. Este mesmo combinado xa se proclamara, o pasado mes de maio, Campión de Europa neste especialidade. Para conseguir o ouro tiveron que dar o mellor de si en 2,5 quilómetros de carreira a pé, 10 de ciclismo e outros 1, 25 quilómetros de carreira a pé.

Por outro lado, o deportista do Cidade de Lugo, Jesús Gomar, terminou no décimo posto na categoría Sub 23 neste Mundial.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: