Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
manuel curiel, director da Semana de Cine de Autor de Lugo

"Nove mil persoas non poden estar equivocadas"

A trixésima edición do certame pechouse cun balance altamente positivo e outorgando o premio do público a 'Dialogue avec mon jardinier', de Jean Becker.

Redacción - 12:53 01/10/2008

Manuel Curiel leva trinta anos temendo, edición tras edición, pola continuidade do festival que leva dirixindo dende a súa creación, en 1979. Debido á crise do sector audiovisual, os organizadores levan "anos sufrindo moitos atrancos para levar a cabo o festival, pero o resultado desta trixésima edición é razón máis que suficiente para seguir adiante". Non é para menos; a XXX Semana de Cine de Autor de Lugo bateu a súa marca de asistencia, con máis de nove mil espectadores. O filme galo Dialogue avec mon jardinier, de Jean Becker, resultou o gañador do premio do público nesta edición, pechando así o programa oficial, mentres que as exposicións de carteis de Eduardo Muñoz e O cabaleiro de París continuarán abertas até o remate das festas de San Froilán.

Ademais da cifra de asistentes, Curiel destaca o moito que lle sorprendera a idade dos achegados ás proxeccións, recuperando "a moita xente nova que había moito tempo que non se achegaba as salas de cine, e tamén a moitos maiores que deixaran de facelo por comodidade". "Nove mil persoas non poden estar equivocadas", deste xeito tan rotundo explicaba Curiel que o éxito desta última edición non pode pasar desapercibido para institucións, e manifesta a súa intención de poñerse coa organización do festival de 2009 con brevidade.

Dende 1979
Curiel pertence ao Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, que naceu en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ó mundo da imaxe. A primeira Semana Internacional de cine de autor celebrouse en 1979, e dende entón converteuse na cita máis importante do ano para os afeccionados ao cinema na cidade.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: