Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIDAS CONTRA A CRISE

A caída na produción de vehículos leva a Industria a convocar o Clúster do Automóbil

Fernando Blanco reunirá ao sector para analizar a situación e avaliar as medidas necesarias para que non repercuta no emprego.

Redacción - 10:50 27/09/2008

Neste mes de setembro a planta Citröen de Vigo deixou de fabricar catro mil vehículos e o plan anunciado para outubro prevé deixar de fabricar outras oito mil unidades máis. É unha situación derivada da caída da venda de coches, que está nun 40% e que, presumibelmente, afectará ao emprego. Así o subliñou o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, quen anunciou este venres a convocatoria para a vindeira semana do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (CEAGA).

Neste sentido, Blanco dixo estar moi preocupado polos efectos da crise económica no sector xa que "a baixada das ventas producirá en consecuencia un descenso na produción, afectando ao emprego e á marcha da industria". "O obxectivo é reducir o impacto negativo da crise sobre o sector", asegurou, e engadiu: "Fixémolo coa lousa, co turismo, co comercio... e agora farémolo, a vindeira semana, coa automoción e as empresas auxiliares".

Asemade, Blanco afirmou tamén a súa intención de estabelecer unha serie de iniciativas que reduzan o impacto da situación económica e apostou por un maior esforzo para converter o Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galiza "nun centro de referencia e excelencia para o sector". Nesta iniciativa e co obxectivo de apostar polos proxectos de I+D+i, a Consellaría de Industria investiu este ano máis de 10 millóns de euros.


Ligazóns

4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: