Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto: Fichaxes

O Breogán refórzase cun xogador da canteira dos Lakers

Tras a lesión de Cusworth chega Michael Southall, quen probou sorte no campus do equipo estadounidense, subcampión da mellor liga do mundo.

Redacción - 18:11 25/09/2008
Michael Southall nun ataque

Michael Southall nun ataque

Tras confirmarse a lesión de Cusworth, o clube moveuse con rapidez para atopar uns substituto temporal de calidade para completar o cadro de xogadores. Daquela, puxéronse en contacto con Michael Southall, un pivote de 2,11 metros de altura e 26 anos, que chega dende o Campus de Los Ángeles Lakers, onde probou sorte para atopar un lugar neste equipo.

Southall xogou dúas tempada en Melilla, onde demostrou, segundo contan dende o Breogán, "ser unha auténtica potencia na zona", onde fixo 11,8 puntos, 6,3 rebotes e 1,8 tapóns de promedio. Algúns dos números do norteamericano dan a idea da súa espectacularidade e calidade: 60 mates (case dous por partido), sexto mellor rebotador defensivo da liga, segundo mellor taponador, cun total de 80 (2,35 tapóns por partido) e unha porcentaxe de acerto en tiros de dous puntos do 65,7 por cento.

A súa rápida contratación vai facer que, se todo vai segundo o previsto, poida comezar a xogar xa a semana que vén. Polo seu lado, Cusworth asegurou que vai esforzarse para volver canto antes á cancha co Leite Río Breogán.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: