No Campionato Sub 21 reuníronse unha vintena de clubes de todo o país, xuntando un cento de deportistas que loitaban polos metais.
Este sábado a vila de Sada acolleu o Campionato Galego Sub 21 de taekwondo, xuntando un cento de deportistas procedentes duns 20 clubes de todo o país.
O Campionato terminou con 18 ouros, 16 pratas e 24 bronces, despois dunha "dura competición", segundo contan dende a Federación Galega de Taekwondo, dado o gran nivel dos deportistas participantes. Os resultados completos (medallas, pesos e deportistas) pódense consultar na web da Federación.
O sábado que vén, día 27 de setembro, o taekwondo galego xuntarase novamente na vila de Noia, onde se desenvolverá o Campionato Galego Cadete.