As proxeccións chegaron case á metade dos concellos galegos, un total de 161.
En case un ano de existencia os Cinemas Dixitais tiveron 97.568 espectadores que asistiron ás 2.158 sesións dos seus catro programas: Telefilmes, Documentais, Semana do Audiovisual Galego e Filmes Árabes. Cinemas Dixitais é un proxecto pioneiro co que a Consellaría de Cultura e Deporte pretende ofrecer aos concellos unha extraordinaria ferramenta para dinamizar a súa programación local.
As proxeccións espalláronse por case a metade dos concellos galegos, un total de 161. Mais contabilízanse un maior número de pantallas, concretamente 277. Esta diferenza enténdese porque son os propios concellos quen fan proxeccións en forma de acio por freguesías, asociacións, institutos ou colexios. Esta última característica é ben significativa da potencialidade dos Cinemas Dixitais como un proxecto cultural que estrutura o territorio dun país.
Proximamente porase a disposición dos concellos un novo ciclo que leca por título O pequeno é fermoso, un ambicioso programa que permitirá ter unha visión completa da evolución da curtametraxe en Galiza, desde os anos 80 até a actualidade.