Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HABERÁ CONSENSO

Acordo entre Bloque e PSdeG para a designación dos candidatos para o Tribunal Constitucional

Os socialistas propoñen á maxistrada Xosefa Otero Seivane e os nacionalistas ao avogado Nemesio Barxa Álvarez, ambos ourensáns.

Redacción - 08:20 23/09/2008

Finalmente houbo acordo entre os grupos que conforman o goberno bipartito. Os grupos parlamentarios do PsdeG e do BNG consensuaron unha proposta conxunta dos candidatos de Galiza para o Tribunal Constitucional. Esta candidatura, que será sometida a pleno no Parlamento, está conformada pola maxistrada Xosefa Otero Seivane, maxistrada na Audiencia Provincial de Ourense, e Nemesio Barxa, avogado que tamén exerce en Ourense.

Mentres, o PP presentará a súa proposta propia, que estará integrada por un catedrático universitario e un maxistrado. Sen embargo, os seus nomes aínda non se deron a coñecer. Nos últimos días, os tres grupos parlamentarios tentaron pechar unha proposta conxunta, porén non foi posible un acordo entre os tres grupos.

O pleno celebrarase este martes no Parlamento e a proposta deberá ser referendada por maioría simple. Os candidatos galegos sumaranse aos 32 nomes restantes que proporán, á súa vez, as demais comunidades autónomas (dous cada unha).


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: