Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DERROTOU 69-54 AO EXTRUGASA

O Celta gaña a Copa Galiza de baloncesto feminino

A MVP do encontro foi a internacional celta Alba Torrens, máxima anotadora do encontro con 16 puntos.

Redacción - 17:44 21/09/2008

A Final da XVI Copa Galiza Feminina chegou ó seu fin cun xusto vencedor o Real Club Celta Indepo. O encontro final entre Extrugasa e Celta comezou frío, con marcadores alternos, amosando o respecto que se teñen os dous equipos. Os primeiros dez minutos serviron como toma de contacto para ambos conxuntos. Sen amosar todas as súas armas, chegaron ao final deste cuarto cun tenteo axustado de 14-16 a favor das viguesas.

O segundo cuarto transcorreu polo mesmo camiño até que o Celta quentou motores e pegou un estirón no marcador, acadando unha vantaxe nos minutos previos ao descanso de nove puntos (30-39). O terceiro cuarto seguiu cun Celta máis asentado en pista e acelerando o seu ritmo para acadar maior distancia e poder chegar ao remate dos terceiros dez minutos cun tenteo de 41 - 57 ao seu favor.

Xa no derradeiro cuarto o equipo vigués seguiu realizando unha labor defensiva notábel, reboteando moi ben tanto en defensa coma en ataque. Este bo traballo outorgoulle a posibilidade de segundos tiros que, sumados ao acerto no tiro exterior, permitíronlle acadar a vitoria final (54 - 69) nesta XVI Copa Galiza de baloncesto feminino.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: