Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
PETICIÓN AO GOBERNO

Verdegaia pide unha moratoria no Plan Director de Estradas en favor dun transporte sustentábel

O responsábel da Área de Enerxía e Transporte, Xan Duro, explicou que o 80% da contaminación que se produce nas cidades provén dos automóbiles.

Redacción - 19:00 19/09/2008

Verdegaia pediulle este venres á Xunta unha moratoria para a construción de autovías, estradas e túneles e que se lles restrinxa o acceso ás cidades aos coches como un xeito de fomentar o transporte sustentábel.

O responsábel da Área de Enerxía e Transporte de Verdegaia, Xan Duro, criticou que o Plan Director de Estradas "dobra o número de estradas" e aumenta as autovías no país co obxectivo de reducir os tempos de desprazamento, o que interpreta como un xeito de "darlles traballo ás grandes empresas construtoras".

Duro explicou que o 80% da contaminación que se produce nas cidades provén dos automóbiles, e a mala calidade do aire provoca cada ano a morte de 16 mil persoas no Estado Español, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.

Ademais, botando man dun estudo elaborado polo catedrático de Economía aplicada da UdC e ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, expuxo que o 51,6% dos desprazamentos de curta duración en automóbil -cunha media de ocupación de 1,2 persoas- son por razóns laborais ou de estudo, o que facilitaría o desenvolvemento dun sistema de transporte público, xa que o traxecto é "rutineiro".


4,67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: