Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskadi

Penas de entre oito e dez anos de cadea para 21 membros de Xestoras Pro Amnistía

A Audiencia Nacional considera ilícita a organización e ordena a súa disolución.

Redacción - 12:30 17/09/2008
Algúns dos condenados

Algúns dos condenados

A Audiencia Nacional condenou este martes a dez anos de prisión os tres principais dirixentes de Xestoras Pro Amnistía (Amnistiaren Aldeko Batzordeak): Juan María Olano, Julien Zelarain e Aitor Angel Jugo, por pertencer "á banda terrorista". Outros 18 membros da organización foron condenados a penas de oito anos, acusados de integración en ETA e outros seis foron absoltos.

A sentenza acordada por unanimidade polos tres maxistrados que compoñen o tribunal (Teresa Palacios, Juan Francisco Martel e Paloma González Pastor) decretou tamén a ilicitude e a disolución de Xestoras pro Amnistía e a súa sucesora Askatasuna, que xa fora declarada ilícita de xeito provisional polo xuíz Garzón en 2001.

Pola súa banda, os acusados renunciaron a exercer o seu dereito á defensa no xuízo, ao considerar que a sentenza na súa contra xa estaba ditada dende un comezo. O proceso comezara o pasado 21 de abril e prolongouse até o 18 de xuño no pavillón da Audiencia na Casa de Campo de Madrid.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: