O concepto da web 2.0 levado ao mundo do libro. Esa é a carta de presentación de Librofilia.com, unha páxina web a modo de rede social na que os usuarios poden acceder e recomendar libros dunha extensa base de datos.
Librofilia.com
Esta base de datos está creada polos propios usuarios, que poden informar dos libros, realizar críticas, escribir notas persoais e incluso puntualos.
A través da identificación e uso da rede de Librofilia.com, cada usuario irá configurando o seu perfil literario, de tal xeito, que a web poderá recomendarlle o libro que mellor se adapte aos seus gustos.
Ademais, a través de Librofilia.com é posible crear grupos de amigos e coñecer o índice de "compatibilidade literaria" con eles.
FWWWRANDO