Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO DE NOVAS TENDENCIAS DO CINE FRANCÉS

Coa fin do verán volve o cinema ao CGAI

Proxectaranse varios filmes de Bruno Dumont, Laurent Achard e Claire Simon, así como as producións gañadoras do festival Filminho.

Redacción - 12:20 15/09/2008

O ciclo de novas tendencias do cine francés no CGAI comezará o luns 15 ás 20.30 coa proxección de Bled Number One, de Rabah Ameur-Zaimeche, que repetirá o martes. O xoves será a quenda de Ça Brule, de Claire Simon, e o venres poderase ver Flandres, de Bruno Dumont. O sábado día 20 haberá sesión dobre do ciclo, con Flandres e Ça Brule, á 18 e ás 20.30 horas. Xa para a seguinte semana, prográmanse os filmes Le dernier des fous, de Laurent Achard; Mauvaise fois, de Roschdy Zem; Douches froides, de Antony Cordier, e Qui m'aime me suive, de Benoît Cohen.

O mércores 17 será o día dedicado a repasar o mellor do festival Filminho, coa proxección de O cazador, de Anxo Santos, e París#1, de Oliver Laxe. Esa semana tamén haberá un apartado dedicado ao festival Curtocircuito, coa proxección de Alumbramento, de Eduardo Chapero-Jackson; Auga, de Xosé Antón Perozo; Plot point, de Nicolas Provost; The Pearce sisters, de Jo Allen e Luis Cook; I love Sarah James, de Spencer Susser; John and Karen, de Matthew Walker, e Next floor, de Denis Villeneuve, con entrada de balde.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: