Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE ATÓPANSE MULTITUDE DE SERVIZOS DE BUSCA

Hai vida máis alá de Google

Sen lugar a dúbida o rei das buscas en internet é Google, no entanto, existen moitos outros servizos minoritarios que se centran en temas máis específicos e que permiten acurtar os tempos de busca.

Redacción - 11:57 10/09/2008
O extenso mundo dos buscadores

O extenso mundo dos buscadores

Así, por exemplo, atopámonos con propostas como Powerset ou Hakia, buscadores baseados en buscas semánticas (polo significado das palabras) e naturais ou o Wikia Search, liderado polo creador da Wikipedia, Jimmy Walles.

Quen tamén quere facer fronte á hexemonía de Google é o grupo formado por antigos enxeñeiros da compañía que lanzaron o Cuil, un buscador que indexa máis de 120.000 millóns de webs, o triple que Google.

Un dos buscadores que maior éxito tivo en España é o Exalead, nacido no ano 2000 en Francia da mal do equipo que desenvolvera o lendario Altavista. A principal característica do Exlead é que lles permite aos usuarios personalizar a páxina de inicio coas direccións web que máis utilicen, ademais de crear atallos a través do teclado.

Outro particular buscador é o Gennio, un buscador e marcador social que permite aos usuarios rexistrados recomendar buscas e colaborar engadindo e gardando enlaces.

Pola súa parte, o Trovit céntrase nas categorías que máis ingresos xeran, isto é, os anuncios de inmobles, o motor e o emprego. Así, busca noutras webs de clasificados e mostra aos usuarios os resultados que máis se aproximan aos seus criterios de selección.

Tamén son buscadores especializados o Nuroa, que busca nas webs inmobiliarias máis importantes para mostrar a información aos usuarios e o Trabber e o Minube, que se especializan na busca de voos e hoteis, coa diferenza de que en Minube o usuario pode compartir as viaxes e rutas realizadas, descubrir rexións do mundo e crear bitácoras con opinións e fotografías.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: