Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GUSTAVO NIEVES, ATLETA PARALÍMPICO

"Cómpre facer máis profesional o deporte paralímpico"

Oito anos despois dos seus primeiros Xogos, o de Vilalba volve á grande cita do deporte, onde correrá os 5.000 e os 10.000 metros lisos.

García Martínez - 12:00 08/09/2008
Gustavo Nieves competindo

Gustavo Nieves competindo

En Beixín disputarás os teus segundos Xogos Paralímpicos. Con que ambicións deportivas chegas a eles?
Tiven unha factura de fibras hai tres semanas e levo desde entón cun traballo específico para recuperarme antes da carreira. Viña con maiores aspiracións das que teño agora, despois da lesión. O obxectivo é quedar entre os oito primeiros, todo o que veña despois benvido será.

Desde unha experiencia que supera os oito anos competindo, como avalías a situación actual do deporte paralímpico a nivel internacional?

Eu penso que está progresando bastante. Hai anos había moita menos competencia. O nivel está subindo e iso xa se pode ver nas marcas. Isto vai ir a máis e supoño que en vindeiras citas paralímpicas o nivel será cada vez máis alto, así como a repercusión nos medios de comunicación

E se centramos esa análise en Galiza?

Ben, aquí estamos cinco deportistas, pero si que vexo que non hai moita canteira por detrás. A ver se as autoridades traballan nesa liña e pódese mellorar.

Como ves o futuro do deporte paralímpico?

O traballo que se está facendo agora está bastante ben, con escolas deportivas para xente con discapacidade. O único que eu mudaría sería facer máis profesional o deporte paralímpico, aínda que sexa nos círculos deportivos de máis alto nivel.

Que é para ti o deporte, que papel cumpre na túa vida cotiá?

Ocupa case a metade do día, o tempo que non estou estudando, polo que é un papel moi importante. O deporte dáche disciplina, e ter sempre a posibilidade de mellorar dáche ilusión. O deporte engancha.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: