No concerto han actuar os grupos finalistas das cinco categorías en concurso: pop, mestizaxe, novas tendencias, folk e rock.
Este xoves 4 de setembro, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, vai ter lugar a fase final do II Certame Nsaio no Camiño. Este concurso musical está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude para difundir a cultura musical galega e dar a coñecer aos músicos e grupos noveis da Galiza.
Na gran final do Nsaio, a partir das 21h, han actuar os cinco grupos que resultaron finalistas das cinco categorías a concurso: na categoría pop os vigueses
Maryland, a mestizaxe dos
Som do Galpom dende A Moniña (Ames),
Telémaco de Lugo na categoría de novas tendencias, no folk os composteláns Loba Loo e por último,
Sínefres de Boiro na categoría rock. Para pechar esta final, haberá actuación dunha banda histórica: o conxunto latino-estadounidense Los Lobos. Con máis de trinta anos de carreira e unha vintena de traballos na rúa,
Los Lobos deron a coñecer a mistura de rock, tex-mex, blues e música do norte de México e posúen un premio Grammy.
Nesta derradeira actuación do certame, un xurado especializado escollera ao gañador definitivo da segunda edición do Nsaio no Camiño. O gañador gravará un disco nun dos mellores estudios do Estado Español, asinará un contrato cunha discográfica estatal e máis un acordo de management. Á parte, o seu traballo será distribuído e promocionado no estado por unha das entidades musicais máis importantes da península.