Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presupostos Xerais do Estado 2009

Quintana advírtelle a Zapatero de que o BNG ha ser "decisivo" na aprobación dos PXE

O vicepresidente do Goberno reivindica a actitude da formación nacionalista para lle dar "estabilidade" á Xunta fronte ao "xeroglífico" do PSdeG.

Redacción - 11:20 01/09/2008
Quintana e Zapatero, na súa última xuntanza

Quintana e Zapatero, na súa última xuntanza

O vicepresidente do Goberno e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, mostrou a súa satisfacción por que finalmente se resolvese o "xeroglífico" formulado polo PSdeG en relación a un suposto adianto electoral, así como por que o BNG non entrase nas especulacións.

Neste senso, Quintana incidiu en salientar a actitude da formación nacionalista que actuou "con prudencia e responsabilidade" para lle dar "estabilidade" á Xunta e ao país, segundo apuntou nunha entrevista na emisora de radio española Cadena Ser.

O vicepresidente rexeitou facerlle "reproches" a Touriño por non tratar con el a posibilidade dun adianto, xa que recordou que o presidente dixera "que non o ía consultar nin delegar". Respecto á proposta do xefe do Executivo de se reuniren esta semana, Quintana enmarcou o encontro na "normalidade".

Presupostos Xerais do Estado 2009

Por outra banda, Anxo Quintana advertiulle ao presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que se trabuca cando pensa que xa ten o voto dos nacionalistas para os Presupostos Xerais do Estado (PXE) de 2009.

O líder nacionalista deu por seguro que CiU non apoiará esas contas, polo que analizou que "BNG e PNV han ser decisivos en Madrid". Ante esta situación, Quintana anunciou que "se ha de por en contacto co PNV para buscar ese acordo".

"Non sei se conta xa co noso apoio, se o fai bota mal as contas; pode contar coa nosa colaboración, co noso diálogo se Galiza está presente, se non, non vai haber acordo", afirmou. No entanto, engadiu que o BNG ha ter "toda a disposición ao diálogo".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: