Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

O Dépor comeza a liga gañándolle ao Real Madrid en Riazor

Ao remate do encontro, o marcador reflectiu un 2-1, con goles de Mista e Lopo, polo equipo coruñés, e de Van Nistelrooy, polo madrileño.

Redacción - 09:22 01/09/2008

O Deportivo da Coruña estreouse na temporada 2008/2009 fronte ao Real Madrid nun Riazor ateigado e, fiel á tradición, venceu o supostamente todopoderoso equipo madrileño. O resultado final foi de 2 goles a 1.

O conxunto coruñés adiantouse no minuto 26 cun gol de Mista. Van Nistelrooy, polo Real Madrid, empatou o partido no minuto 47. Pouco despois, Lopo sentenciou no minuto 51 e deixou o marcador no definitivo 2-1.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: