Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nas termas romanas de Sagalassos

Atopan os restos dunha cumprida estatua de Marco Aurelio en Turquía

Os arqueólogos calculan que a estatua debeu ter unha altura duns 4,5 metros.

Redacción - 19:00 26/08/2008
Imaxe da escavación

Imaxe da escavación

Un equipo de arqueólogos turcos e belgas informou esta semana do achádego en Turquía dos restos dunha colosal estatua que representa ao emperador Marco Aurelio, concretamente nas termas romanas de Sagalassos, a actual Aglasun.

A cabeza, dunha altura de 90 centímetros, así como o brazo dereito sostendo unha esfera na man, atópanse en moi bo estado, segundo o conservador do museo de Burdur, Haciali Ekinci. Con anterioridade xa apareceran a parte inferior das pernas. Calcúlase que a estatua debeu ter unha altura de 4,5 metros.

Sagalassos, habitada deica o século VII, foi destruída nesa época por varios terremotos e caeu no esquecemento. Marco Aurelio, que reinou dende o 161 d.C deica o 180 d.C foi un dos coñecidos como os Cinco emperadores bos, os primeiros da dinastía dos Antoninos, de orixe hispana, e unha das figuras máis importantes da filosofía estoica.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: