Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Piragüismo

Ouro para 'Perucho'

O padexeiro de Cangas Carlos Pérez Rial e o catalán Saúl Craviotto impuxéronse na proba de K-2 500 nos Xogos Olímpicos de Beixín.

Redacción - 11:15 23/08/2008

A parella formada polo galego de Cangas Carlos Pérez Rial Perucho e o catalán Saúl Craviotto fixo historia este sábado ao conseguir a medalla de ouro na modalidade de K-2 500 metros dos Xogos Olímpicos de Beixín 2008.

Perucho e Craviotto saíron moi fortes e lideraron a proba desde o principio ao final logrando manter a súa vantaxe sobre os alemáns Rauhe e Wieskotter, prata, e os bielorrusos Makhneu e Piatrushenka, bronce.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: