Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica polos espazos protexidos

"Media verdade", concede Vázquez sobre os reproches dos ecoloxistas

O conselleiro de Medio Ambiente adícalle o cualificativo de "salvapatrias barato" a Adega, malia que non desmente de forma taxativa as acusacións do colectivo.

Redacción - 09:30 14/08/2008

"É un proceso lento, trapalleiro e complicado", xustificaba este mércores o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ao respecto da ampliación da Rede Natura. "Non se fai nun plis plas", insistiu Vázquez. O responsábel de Medio Ambiente afirmou que o proceso necesita "vontade política" e tamén "estudos rigorosos e complexos", ademais de acordos cos sectores implicados.



Respondía así o conselleiro á acusación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), sobre o incumprimento da promesa de ampliación de espazos naturais protexidos e o presunto privilexio ao empresariado de determinados sectores á hora de ocupar o territorio. Os ecoloxistas apuntaran especificamente á industria acuícola, eólica e hidroeléctrica á hora de denunciar suposto trato de favor da administración, opinando que as políticas da Xunta se facían á medida destas empresas no canto de fixar primeiro os criterios medioambientais mínimos.



Sobre o asunto, o conselleiro insistiu en que ao goberno actual "se lle recoñeza" o cambio de políticas respecto do anterior executivo "que tiña a metade do plan eólico en Rede Natura" e desafiou a Adega a presentaren formalmente unha proposta que emende as deficiencias que denuncian. Ao fío, acusou o colectivo ambiental de "salvapatrias barato que de media verdade fai unha mentira".



4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: