Pódese votar até a medianoite deste mércores. O sábado anunciaremos a decisión final do xurado.
Skandalo GZ ou Roger de flor, Os dous amigos ou Licor Café. Durante as vindeiras horas imos vivir un sprint final entre as dúas cancións que recibiron un meirande apoio popular. As diferencias entre os dous temas sempre foron pequenas, e todo pode pasar.
Ás doce da noite deste mércores pecharemos as votacións. Mañá pola mañá sumaremos os últimos votos chegados á Radio Galega a través das chamadas da audiencia e das mensaxes SMS. E contra o mediodía anunciaremos o gañador do público, que polo que parece está entre as dúas cancións que nestes momentos encabezan as votacións cunha ampla diferenza.
O sábado será o outro día grande do A Polo Ghit 2008. Ao redor das 12 do mediodía Vieiros e a Radio Galega, a través do Extrarradio, anunciaremos a canción escollida polo xurado. Este tema será o que represente a Galiza no Festival Liet Lavtut.
Sorte, e a votar!