Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Espazo 'Europeana'

A UE propón coordinar a dixitalización de arquivos, museos e bibliotecas

Os contidos que se inclúan na plataforma web deseñada coa idea de "conectar a herdanza cultural europea" estarán libres de dereitos de autor.

Redacción - 14:00 12/08/2008

A Comisión Europea propuxo darlle xeito aos actuais esforzos, fragmentados e irregulares, que a nivel da Unión Europea se realizan en materia de dixitalización de fondos culturais de museos, arquivos e bibliotecas.

Con esa fin, a comisaria europea para a Sociedade da Información, Viviane Reding, comunicou que o seu departamento investirá os próximos dous anos un mínimo de 120 millóns de euros no marco do proxecto Europeana. Esta iniciativa de Biblioteca Dixital Europea xa conta cunha plataforma en rede, onde se espera ir incluíndo todo tipo de contidos dixitalizados, desde libros a fotografías, pasando por estampas de cadros e documentos diversos procedentes de arquivos de todo o continente.

A Eurocomisión solicita así o compromiso dos estados membros coa meta de que en 2010 haxa cando menos dez millóns de documentos catalogados. Para a súa posta en marcha, en poucos meses e na plataforma web xa en funcionamento, agardan contar cun catálogo de dous millóns. O ambicioso proxecto requirirá da colaboración estreita dos eurosocios, coa fin de poder compartir as bases de datos e uniformizar as tecnoloxías usadas.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: