Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TRADICIÓN E CULTURA

A cultura do pan rexorde en Arzúa

Colectivos veciñais e culturais rememoran cada ano os diferentes procesos da elaboración do pan, pasando pola sega, a malla, a muiñada e a fornada.

Isabel G.Couso - 09:30 12/08/2008

Láncara, Meira, O Pino, Valdoviño... Ao longo da nosa xeografía repítense estes días de agosto multitude de festas que recordan o tradicional proceso da malla. Achegámonos a unha, a de Arzúa, que amplía o seu foco de atención a todo o proceso de elaboración do pan. A pasada fin de semana celebrou a propia malla no entorno do Campo da Festa de Dombodán. Alí, un ano máis, e xa van sete, os veciños procederon á limpeza do trigo e á formación do palleiro. Unha mereda popular e unha foliada tradicional completaron a xornada que organiza a Asociación Ánxel Casal coa colaboración da Asociación de Veciños San Cristobo de Dombodán.

Pero o inicio das "VII Xornadas do Pan de Arzúa" témolas que remontar ao mes de xullo, cando os veciños procederon á sega. Neste caso foi no lugar de Agro dos Castros (A Torre), onde sementaron no decembro pasado seis ferrados de trigo do país. E por diante aínda nos queda a muiñada, tamén con carácter festivo, que se celebrará o vindeiro 20 de setembro ás seis do serán. Nesta celebración levaranse os ferrados de trigo colleitos ata o Muíño da Fonte Santa, no concello de Arzúa, para facer a moenda. Este mesmo día, logo de amasar o pan, no forno de leña do muíño coceranse os pans e empanadas, para seren degustados nunha merenda popular.

Para aqueles que non se puideron achegar ata a malla desta fin de semana, ou para os que queren coñecer o proceso tradicional da elaboración do pan, aquí vai este vídeo elaborado a partir dunha produción realizada para a Asociación Anxel Casal de Arzúa.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: