Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tamara Abalde, olímpica en Beixín

"Sigo sendo a mesma, tendo os mesmos soños, o que pasa é que madurei"

A xogadora natural de Ferrol constitúe o presente e, sobre todo, o futuro do baloncesto galego. Con só 19 anos vén de completar un gran ano na liga universitaria americana e chega a Beixín chea de ilusión.

Pablo García - 12:00 11/08/2008
Abalde tirando a canasta

Abalde tirando a canasta

A xogadora galega aumentou este luns o seu protagonismo con respecto ao primeiro partido, xogando máis de 16 minutos e mellorando os seus rexistros individuais. Antes de iniciar a competición, adicoulle uns minutos a Vieiros.

Tamara Abalde confesa: "xogar uns Xogos Olímpicos é un dos meus soños dende que era pequena". Cando lle preguntamos si nun deporte mediático como o basket esta competición é un título menor, afirma que non hai nada "como o carácter, como ese algo especial que teñen uns Xogos".

Cóntanos que o seu obxectivo é "axudar o máis posíbel ao equipo cos minutos que o adestrador decida darme", mentres que a nivel colectivo fala de que "máis que o posto é importante a sensación de ter pelexado os partidos". Despois dunha breve pausa recoñece entre risas que "o posto oxalá fora un ouro olímpico".

Prometedor futuro por diante

Tamara chega a Beixín como a segunda integrante máis nova da selección estatal e por iso non ten dúbidas ao recoñecer que está "moi contenta de estar aquí", despois de un ano na NCAA americana, xogando co equipo da Universidade de Lamar. Valora esta experiencia como "un ano incríbel, tanto no deportivo como no persoal", a pesar de que o ano próximo volve para a Liga Feminina, a xogar cedida no Rivas Futura. "Considerei mellor para min volver á liga profesional feminina e volver a xogar nas competicións FIBA", afirma. Tamara Abalde non sabe o que lle deparará o futuro, pero cando falamos do Celta de Vigo Urban deixa claro: "non pecho ningunha porta e moito menos a de volver á casa".


Ligazóns

4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: