Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Espectacular competición na piscina

Polo gordo dun pelo: segundo ouro e outra vez récord mundial para Phelps

A natación segue protagonista neste primeiro treito olímpico, onde Michael Phelps, malia non ser o mellor do equipo dos EUA no 4x100 estilo libre, colleita un novo metal dourado.

Redacción - 08:00 11/08/2008

O veterano nadador estadounidense Jason Lezak deulle emoción este luns a unha das probas estrela do día, o 4x100 libres na piscina olímpica. Lezak recibiu o último relevo dos seus compañeiros cunha desvantaxe de 59 centésimas de segundo, todo un mundo nunha proba como esta, e co desafío de baterse co poderoso e veloz Alain Bernard.



E foi no último momento, cando polo gordo dun pelo Lezak estirou o brazo para poñerlle o freo ao cronómetro en 3'08''24, seis centésimas antes que o seu rival francés. Atrás deles chegaron os representantes dos equipos de Australia, Italia, Suecia e Canadá. Unha fazaña que lle daba o ouro aos relevistas estadounidenses e que mantén viva a aspiración de Michael Phelps de superar a histórica cima de sete ouros de Mark Spitz en 1972.



5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: