Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Montilla critica a Solbes

O goberno catalán recibe o apoio de CiU na protesta contra o incumprimento de Madrid co Estatut

Este xoves expirou o prazo que o propio Estatut marcaba como límite para o pacto sobre a reforma do financiamento catalán.

Redacción - 11:00 09/08/2008

O sábado 9 de agosto era a data estabelecida como último día para que goberno español e catalán chegasen ao acordo sobre o novo modelo de financiamento para Cataluña. Desde Madrid remiten ao vindeiro outono para falar do asunto e sempre dentro do marco conxunto do Estado, ao tempo que o vicepresidente segundo e ministro de Economía, Pedro Solbes, insiste en que a proposta realizada hai semanas xa cumpre co modelo do Estatut.

Desde a Generalitat rexeitan a interpretación do ministro, e o propio presidente catalán, José Montilla, foi belixerante este venres en declaracións públicas ao respecto da polémica. "Cumprir o prazo cunha proposta infraestatutaria non é cumprir", advertiu, "e a responsabilidade é de quen presentou a proposta, que ninguén se engane", dixo en referencia a Solbes. Montilla subliñou que a achega do ministro español é "incompleta" e asegurou que "non se axusta aos principios da lei", responsabilizándoo do fracaso da negociación. "As primeiras notas desafinan, non tocan a partitura estatutaria", engadiu Montilla na súa intervención.

O conselleiro de Economía e Finanzadas da Generalitat, Antoni Castells, convocou para este sábado a xuntanza da parte catalá da Comisión Mixta de Asuntos Económicos e Fiscais Estado-GEneralitat, o órgano dentro do cal se debera ter acordado bilateralmente o novo modelo financeiro. Posteriormente, haberá reunión cos representantes de asuntos económicos de CiU, Francesc Homs, Antoni Castellà e Antoni Fernández Teixidó.

Para ampliar: Vilaweb, La Vanguardia e El Periódico


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: