A través desta páxina podemos seguir dunha maneira próxima a actuación dos deportistas galegos presentes nas Olimpíadas que comezan este venres.
Portada de Galiza Olímpica
Xa está na rede a web Galiza Olímpica, onde se dará conta do que aconteza en Beixín durante os 17 días de competición. A web impulsada pola Fundación Deporte Galego fai de Galiza o punto dende o que parte este ollar particular dos Xogos Olímpicos. Atopamos información detallada sobre os 11 olímpicos galegos, xunto con entrevistas e un seguimento de perto das súas actuacións. Dende David Gómez, último en clasificarse, ata Tareixa Portela pasando por Alessandra Aguilar ou as grandes estrelas da expedición galega , Gómez Noya e David Cal.
Inclúe a programación das probas nas que participan os galegos, así como o resto de eventos máis destacados. Tamén temos acceso a un percorrido pola historia dos Xogos Olímpicos modernos, dende o seu nacemento no 1896 ata a actualidade, e sobre o significado que ao longo do tempo tomaron tanto as Olimpíadas de verán como o movemento olímpico que os acompaña.
A cidade de Beixín ocupa outro apartado destacado, con información sobre as sedes, e datos ou ligazóns útiles para aqueles que queiran acompañar aos nosos olímpicos ao vivo. Entre o 6 e o 17 de Setembro seguirase Galiza Olímpica seguirá as Paralimpíadas nas que participarán 5 deportistas galegos encabezados polo oito veces campión paralímpico Sebastián Rodríguez Veloso.