Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MOSTRA SOBRE A REVISTA GALEGA DE HUMOR

Para os retranqueiros e para os que non entenden a retranca

A Sala de exposicións Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10), na Coruña, acolle unha mostra sobre os primeiros meses de vida de 'Retranca'.

Redacción - 12:00 07/08/2008

Se queres saber porque Retranca mide 22 cm... porque leva 9 meses na rúa facendo rir en galego e sen que os obligase a Xunta!!!... Que tarados están detrás deste invento... Non podes perder esta exposición... Deste xeito preséntase a mostra que a partir do día 11 de agosto amosará o proceso de creación de cada número da revista Retranca, a publicación mensual de humor galego, que vai cumprir nove meses.

A través de 40 paneis, situados na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga (no número 10 de Durán Loriga, no mesmo edificio onde se atopa o CGAI) revélanse algúns dos segredos da revista dirixida por Kiko da Silva, e faise, como era de agardar, dunha maneira didáctica, amena "e caralludamente divertida".

Na exposición, unha das moitas que nesta semana converterán A Coruña nunha das capitais mundiais da banda deseñada, lémbranse as portadas publicadas até agora, e algúns dos contidos máis rechamantes e comentados.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: