O ferrolán subiu ao podio na primeira xornada do Campionato que se está a disputar en Terrasa (Barcelona). Regueiro bateu a marca galega nos 50 metros libres.
O nadador de Ferrol, Joaquín Abascal, proclamouse esta terza feira, de tarde, campión estatal na categoría absoluta da proba dos 200 metros estilos. O galego subiu ao podio na primeira xornada do Campionato de España que se está a disputar en Terrassa (Barcelona).
Abascal, que compite co Canoe madrileño, fixo a súa mellor marca persoal na final, cun tempo de 2.05.18, o que lle serviu para conseguir a medalla de prata, quedando por diante de Carlos Vives (que tiña o mellor rexistro) e Sergio Molina. O nadador ferrolán aínda vai participar en tres probas máis neste campionato: 200 metros braza (onde ten a mellor marca de entre os participantes), na proba do hectómetro e na de 400 estilos.
Por outro lado, o nadador ourensán José Manuel Regueiro foi quinto na final da proba raíña de velocidade, a dos 50 metros libres. Regueiro foi terceiro nas eliminatorias da mañá, proba na que bateu a mellor marca galega, cunha marca de 23.41.