Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non máis vítimas do odio á diferenza

Contra a transfobia, tamén na Coruña

A pasada semana organizáronse concentracións por todo o Estado, pedindo o esclarecemento da morte da activista transexual Rosa Pazos. Tamén se lembraron dela na Coruña. Velaquí un traballo de GzVídeos contra a transfobia.

Redacción - 09:30 05/08/2008
Unha imaxe de Rosa Pazos

Unha imaxe de Rosa Pazos

O pasado 11 de xullo aparecía morta na súa casa de Sevilla a activista transexual e anarquista Rosa Pazos. Ela foi a primeira persoa que presentaba (en febreiro de 2007) unha queixa ante o Servizo Andaluz de Saúde, SAS, "por lle negaren a asistencia sanitaria para feminización".

Con estas verbas comezaba un histórico informe de 19 follas redactadas em 1998 polo adxunto do Defensor do Pobo Andaluz (DPA), José Chamizo, sobre o caso de Rosa. No seu texto, Chamizo reflectía tamén a realidade transexual, a nivel médico, xurídico e social, e na súa conclusión recomendaba ao SAS que asumise os costes sanitarios do tratamento transexualizador. Un ano despois, en febreiro de 1999, o Parlamento Andaluz aprobaba un decreto co que Andalucía se convertía na Comunidade pioneira en facilitarlles o acceso aos servizos médicos ás persoas que decidisen mudar de sexo.

"A transfobia mata"
As causas da morte aínda están a ser investigadas, pero a pasada segunda feira, 28 de xullo, desenvolvéronse concentracións en nove cidades do Estado Español, na lembranza de Rosa Pazos. En Galiza a xuntanza foi organizada polos colectivos Maribolheras Precárias, Nomepisesofreghao e Atreu, que xuntaron perto dun cento de persoas na zona do Obelisco, na Coruña, para esixir o esclarecemento do morte da transexual e, segundo contan no seu blog as Maribolheras, para "berrar ben alto que xa abonda de transfobia institucional, de transfobia policial, que transfobia mediática e de transfobia social".

Ademais, os colectivos galegos aproveitaron para demostrar o seu rexeite a "unhas prácticas e unhas políticas de xénero absolutamente normativas" que causan "exclusión, odio e violencia" sobre as persoas que non se axeitan a elas.

Sobre as concentracións, os activistas de GzVídeos fixeron este traballo que vos amosamos aquí, a carón desta información, baixado directamente da súa web.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Traballo feito por GzVídeos sobre as concentracións da pasada segunda feira, 28 de xullo, contra a transfobia

Imaxes da manifestación que se desenvolveu na Coruña, após a concentración
Imaxes da manifestación que se desenvolveu na Coruña, após a concentración