Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN RIBADEO

'O Ecoloxista' gaña o 'A toda mecha' do Festival de Curtas On&Off

'O gran golpe' leva o premio do público. 'Bata por fóra', 'O pintor dos ceos' e '18 segundos' fanse cos galardóns na sección oficial.

Redacción - 14:00 04/08/2008

En 75 horas pasou de non existir aínda a gañar un premio. O Ecoloxista gañou a sección 'A toda mecha' do Festival de Curtas On&Off de Ribadeo, que cada verán reta aos participantes a realizar un filme en tres días. Esa foi a elección do xurado, mentres que para o público o mellor traballo foi O gran golpe; nesta sección Zidane e Marta Lara foron galardoados cos premios ao mellor actor e mellor actriz.

Na sección oficial os gañadores foron Bata por fóra (muller por dentro) de Claudia Prenlla, na sección de documentario; O pintor dos ceos, de Jorge Morais, na sección de animación; e 18 segundos, de Zacharías e Macgregor, na de ficción.

Ánxela Bugallo, actriz por un día
A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, desprazouse o sábado a Ribadeo, aproveitando a celebración do Festival On&Off de curtas, para reunirse co alcalde da vila, Fernando Suárez Barcia, e co propio director do festival, Xoán Mariño. Porén, cando rematou esta actividade máis institucional, e no momento en que se atopaba visitando os 14 equipos que se atopaban inmersos no proceso de creación das súas curtas para a sección de 'A toda mecha', a conselleira de Cultura acabou participando como actriz nunha delas.

Así, Ánxela Bugallo participou na rodaxe como un membro máis da equipa de gravación, poñéndose diante das cámaras dos rapaces para gravar unha secuencia.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os gañadores de 'A toda mecha' con 'O ecoloxista'
Os gañadores de 'A toda mecha' con 'O ecoloxista'
Ánxela Bugallo, durante a rodaxe da curta
Ánxela Bugallo, durante a rodaxe da curta