Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás voltas co Consello de Contas

O PPdeG acusa á Xunta de ter feito unha "xestión chapuceira" no servizo do 061

Afirman que se produciu un "descontrol monumental" que cifran nun custe de máis de un millón de euros, e din que pode dar en responsabilidades administrativas "e de índole maior".

Redacción - 19:30 31/07/2008
grupo popular no Consello de O voceiro do Contas, Ángel Bernardo Tahoces

grupo popular no Consello de O voceiro do Contas, Ángel Bernardo Tahoces

O informe de fiscalización selectiva da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061 do ano 2006, elaborado polo Consello de Contas, deixa, segundo o PPdeG "en evidencia a xestión chapuceira do bipartito". Ademais, segundo os populares, o texto tamén "detecta anomalías tanto na contratación de persoal como nas retribucións": no primeiro caso, polo seu "incremento, de forma encuberta, a través da contratación eventual ou de media xornada", e o segundo por pagos anormais "non sometidos aos debidos controis", como o aboamento das gardas físicas ou os desprazamentos.

Estas "anomalías" son valoradas polo PPdeG en "polo menos", 1.073.025 euros. Así o dixo o voceiro do grupo popular no Consello de Contas, Ángel Bernardo Tahoces, quen tamén considerou que o informe do órgano fiscalizador "evidencia o descontrol que caracteriza a xestión da Consellaría de Sanidade".

Tahoces tamén falou de irregularidades na contratación das ambulancias, "que se efectúa en ausencia de concorrencia efectiva, cun significativo 90,5% de contratacións cun único licitador", e denunciou que "non existe ningún mecanismo de control que garanta a cumprimento do compromiso de exclusividade na prestación do servizo".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: