Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Coa supresión da proba de Chiapas

Gómez Noya, cada vez máis perto de gañar a Copa do Mundo

Esta quinta sóubose que a Unión Internacional de Triatlón (ITU) suspendeu unha das probas mexicanas da BG Copa do Mundo. O galego segue de primeiro na clasificación.

Redacción - 17:31 31/07/2008
Gómez Noya coa medalla de ouro gañada na BG Copa do Mundo de Beixín

Gómez Noya coa medalla de ouro gañada na BG Copa do Mundo de Beixín

Coma se non a fose gañar, pero, por se acaso, se cadra é boa noticia que se suspendese a BG Copa do Mundo de Chiapas, prevista para o vindeiro 12 de outubro.

A organización alegou motivos económicos e confirmouno esta quinta feira. Coa eliminación da proba mexicana, quedan só dúas por disputar: a de Lorient (Bretaña), do vindeiro 27 de setembro, e a de Huatulco (México), o 16 de novembro.

Gómez Noya acariña o seu terceiro título consecutivo

Gómez Noya ten, arestora, 300 puntos. Os seus únicos rivais con posibilidades para roubarlle os loureiros de gañador son o neozelandés Bevan Docherty (246 puntos) e o ruso Ivan Vasiliev (201). A vitoria nunha proba supón gañar 50 puntos, e, aínda que non fique primeiro, cos puntos que faga xa tería o triatleta ferrolán asegurado o triunfo. Só podería perder se, practicamente, non puntuase absolutamente nada en ningún dos dous campionatos.

Arestora, Xabier Gómez Noya atópase na illa de Jeju, a máis grande de Corea do Sur, onde permanecerá concentrado até a sexta feira 15 de agosto, día no que viaxará a Beixín xunto aos seus compañeiros de equipo. En Jeju, Gómez Noya adestrará case 20 días continuados, en condicións de calor e humidade parecidas ás que existen na capital chinesa. O triatleta vive, estes días, nunha residencia no parque natural de Seogwipo, e adestra polos xardíns e os bosques subtropicais.

A segunda feira que vén, 4 de agosto, tamén ha chegar á illa Iván Raña, que segue a adestrar por libre na súa vila, Ordes. A competición de triatlón será o día 19 de agosto.

Clasificación xeral da BG Copa do Mundo Masculina (10ª proba de 12)

1. Xabier Gómez Noya (GZ) 300 puntos.
2. Bevan Docherty (NZL) 246 puntos.
3. Ivan Vasiliev (RUS) 201 puntos.
4. Tim Don (GBR) 160 puntos.
5. Reto Hug (SUI) 140 puntos.
6. Simon Whitfield (CAN) 135 puntos.
7. Brad Kahlefeldt (AUS) 132 puntos.
8. Hendrik de Villiers (RSA) 129 puntos.
9. Oliver Freeman (GBR) 125 puntos.
9. Rasmus Henning (DEN) 125 puntos.
12. Iván Raña (GZ) 116 puntos.
83. Samer Ali Saad (ESP) 4 puntos.

Clasificación general da BG Copa do Mundo Feminina (10ª proba de 12)
1. Felicity Abram (AUS) 243 puntos.
2. Helen Tucker (GBR) 208 puntos.
3. Samantha Warriner (NZL) 188 puntos.
4. Emma Moffatt (AUS) 174 puntos.
5. Emma Snowsill (AUS) 150 puntos.
6. Hollie Avil (GBR) 131 puntos.
7. Erin Densham (AUS) 129 puntos.
8. Andrea Whitcombe (GBR) 126 puntos.
9. Vanessa Fernandes (POR) 124 puntos.
10. Sarah Groff (USA) 121 puntos.
32. Ainhoa Murua (ESP) 54 puntos.
63. Ana Burgos (ESP) 11 puntos.
66. Pilar Hidalgo (GZ) 9 puntos.
71. Marina Damlaimcourt (ESP) 6 puntos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



En plena competición, vestido co equipamento da selección estatal de triatlón
En plena competición, vestido co equipamento da selección estatal de triatlón
Gómez Noya vestido co equipamento da selección galega, correndo en Pontevedra
Gómez Noya vestido co equipamento da selección galega, correndo en Pontevedra
Imaxe das lagoas en cráteres da Illa de Jeju, onde está adestrando o ferrolán
Imaxe das lagoas en cráteres da Illa de Jeju, onde está adestrando o ferrolán