Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE AS QUE MÁIS PIDEN PRESTADO

A venda de Fenosa coincide coa crise de liquidez das caixas galegas

Caixanova e Caixa Galicia evitan confirmar o que farán cos seus valores na eléctrica. Pero o feito de levaren tres meses consecutivos sendo debedoras no mercado interbancario, podería contribuír a deixar en mínimos a cota galega en Fenosa.

Redacción - 20:00 31/07/2008

Os ruxerruxes de falta de liquidez das caixas galegas vanse confirmando aos poucos. Segundo os datos que se extraen dos balances individuais das caixas de aforros que publica a CECA (Caixas de Aforros confederadas), tanto Caixa Galicia como, en menor medida, Caixanova atópanse entre as entidades que cambiaron a súa posición prestadora pola de emprestataria.

O mercado interbancario caracterízase porque aquelas entidades con excedente económico préstano a outras que carecen de efectivo. O costume é que as caixas sexan as que prestan diñeiro, sen embargo, a conxuntura mudou e agora o conxunto das caixas do estado atópanse nunha situación debedora. O cambio débese fundamentalmente á situación do mercado: os depósitos non son suficientes para atender as necesidades de financiamento e iso obriga a acudir ao interbancario.

Caixa Galicia é unha das entidades que máis pediu prestado a este mercado: 2.842 millóns de Euros, unha cantidade que se sitúa por baixo só da CAM (6.078) e Bancaja (5.059). Pola súa parte Caixanova pediu 1.347 millóns de Euros. Pola contra, as caixas que máis prestan con La Caixa (15.926), Ibercaja (1.632) e Unicaja (752).

Malia todo, se analizamos o tema con perspectiva, os problemas de liquidez están a remitir. En menos dun ano as caixas pasaron de ser acreedoras no interbancario por 6.915 a ser debedoras por 227 millóns de Euros, pero a meirande parte desta débeda débese ás caixas valencianas, CAM e Bancaja, superando a Caixa Galicia, quen daquela ostentaba o liderado.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: