O s xogos máis coñecidos das últimas décadas acadan a súa consideración de arte nesta exposición que rende tributo á historia dos videoxogos.
Os videoxogos acadan a categoría de arte
Dende os humildes orixes dos anos 60 ata convertérense nunha industria multimillonaria na actualidade, os videoxogos máis recoñecidos e famosos están presentes na exposición "Game Over. Una historia de los videojuegos" que se exhibe en Valladolid.
Moitos anos teñen pasado dende que se comezara a xogar nas máquinas arcade, substituidas na actualidade polas Play Station, XBox ou Nintendo. Un longo percorrido que nos leva tamén dende o mítico Spacewar ata os Sims.
Os videoxogos son, na actualidade unha nova forma de cultura que posúe unha multiplicidade de códigos propios que xuntos conforman un universo singular.
Esta é, precisamente, a idea que se pretende reflectir en "Game Over. Una historia de los videojuegos", baseándose no traballo de tres figuras clave da evolución dos xogos: Shigeru Miyamoto, creador, entre outros de Super Mario Bros, Donkey Kong e Zelda; John Carmack, pai de Doom ou Quake; e Will Wright, autor dos Sims.
FWWWRANDO