Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"UNICLA"

Até dez departamentos universitarios colaboraron con Feiraco para un novo leite "verde"

O segredo, din, a alimentación equilibrada e o benestar das vacas. As tres universidades galegas participaron no deseño, presentado esta semana.

Redacción - 17:45 30/07/2008

A cooperativa Feiraco ven de presentar en Compostela o novo leite Unicla, produto da “alimentación equilibrada das vacas”.

Segundo afirman dende a cooperativa, este novo leite e máis saudábel para o organismo e ven avalado pola Fundación Española do Corazón, posto que se obtén grazas á “alimentación equilibrada das vacas, que mellora os perfís da graxa do leite e contén numerosos beneficios saudábeis”.

Unicla, O leite “verde”, é o resultado dun novo modelo de produción gandeira “baseado na alimentación equilibrada das vacas, o benestar animal e a obtención de leite saudábel biodispoñíbel”. No deseño do novo leite participaron dez equipos de investigación das tres universidades galegas.

A cooperativa Feiraco promociona o novo Unicla como un leite apto para todos os públicos, “100% natural que contén tres veces máis de Omega3, cinco veces máis de CLA (Acedo Linoleico Conxugado), +40% de graxas insaturadas, -18% de graxas saturadas e -27% de índice ateroxénico. Sabor excelente de pastoreo natural e suplementos alimentarios baseados nas sementes de liño”.

Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural presidiu o acto de presentación, ao que tamén asistiron os reitores das universidades galegas e numerosos investigadores. Non faltou o presidente de Feiraco Xosé Antonio Casais, recentemente nomeado para o cargo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: