Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Galardóns 2008

Fabiola Sotelo premiada por UNICEF

O recoñecemeto á directora xeral de Cooperación da Xunta é o primeiro que a axencia internacional lle outorga a unha representante da administración pública de Galiza.

Redacción - 12:00 30/07/2008
Fabiola Sotelo

Fabiola Sotelo

Fabiola Sotelo, Directora Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, foi recoñecida co Premio Nacional de Cooperación ao Desenvolvemento do Fondo de Nacións Unidas pola Infancia (UNICEF).

A Fundación UNICEF ven de fallar os seus Premios 2008, destinados a galardoar persoas, equipos ou institucións de ámbito internacional que traballan pola defensa dos dereitos da infancia e contribúen a mellorar as condicións de vida e as opcións de futuro dos nenos e nenas do mundo.

Este galardón supón o recoñecemento por vez primeira do labor dunha representante da administración pública de Galiza. Os galardóns, que teñen carácter anual, concédense en once categorías.

UNICEF considerou o esforzo persoal de Fabiola Sotelo para coa infancia e a loita contra a pobreza. Tamén recoñeceu o traballo desenvolvido por Cooperación Galega no Sur cos colectivos máis vulnerábeis como as mulleres, as nenas e os nenos, a súa aposta pola educación, a capacitación e a formación, o incremento do labor dirixido a África e en xeral, aos países menos adiantados (PMA).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: