Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O COÑECIDO COMO "ANGUÍA DINOSAURO”

As armaduras militares do futuro imitarán as escamas dun peixe africano

O exército estadounidense está a financiar un estudo elaborado polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts que ten como base a creación de armaduras á imaxe das escamas desta especie de auga doce.

Redacción - 12:56 28/07/2008
Un peixe, inspiración do exército

Un peixe, inspiración do exército

O Polypterus senegalus, máis coñecido como "anguía dinosauro" é un peixe primitivo que se atopa nas balsas de auga doce de África e cuxas escamas protectoras poderían servir, nun futuro, de inspiración para a fabricación de armaduras militares máis eficaces contra os ataques externos.

E é que os investigadores detectaron que este peixe (cun orixe que se remonta a 96 millóns de anos atrás), a diferenza dos actuais, conta cunha pel que semella unha armadura, con escamas compostas por catro capas de material diferente, con cadansúa función e un grosor de cen millonésimas de metro.

Os científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts comprobaron entón como cada unhas das capas se complentaba para protexer os tecidos brandos do peixe, que, por certo, se caracteriza por un profundo sentido territorial e por atacar a membros da súa propia especie.

A partires destas observacións, con métodos nanotecnolóxicos, decatáronse de que o animal tiña unha capa exterior de ganoina, dura e resistente á penetración de obxectos punzantes; unha segunda, máis suave e que disipa a enerxía; unha terceira, de isopedina, que proporciona outra liña de defensa contra mordiscos profundos; e unha cuarta, unha capa basal ósea.

Os científicos puxeron a proba esta cobertura e acharon que o seu deseño impedía que o dano se extendese, xa que se circuscribía a un pequeno círculo na área afectada.

Con este coñecemento, os científicos amósanse convencidos de que atoparon un gran potencial para o desenvolvemento de mellores materiais estructurais inspirados bioloxicamente para soldados ou vehículos militares.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: