Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Remata a semana de cinema

Filminho pecha unha semana de pontes audiovisuais galego-portuguesas

As últimas propostas, gañadores dos certames e a Gala de encerramento, con presenza ademais de Ponte nas Ondas, danlle fin á Festa do Cinema Galego e Portugués.

Redacción - 09:00 27/07/2008

En sesión de sobremesa pode asistirse este domingo á proxección de 'Malangatana', de Karin Ribero; 'Para ti que só assim podes ver', de Rui F. Torres; 'A república dos soños', de Isabel Martínesz; 'Trapicheiras', de Diana Gonçalves; e 'Só concertinas', de Víctor Coyote.

A 'Gala de encerramento' no auditorio de Goián, servirá de homenaxe aos vencedores da primeira edición de Filminho e convidou os asistentes ao espectáculo "inter disciplinar" 'Pelerrisco', realizado polo grupo 'Nikouola'; así como á entrega do segundo premio de 'Conta onde vives', coa presenza de varios membros da asociación cultural Ponte nas ondas.

Fórum de Creadores
O Filminho acolleu tamén o seu Fórum de Creadores co que se pretende estabelecer unha plataforma para a creación nas terras do Miño transfronteirizo. Apesares de ser unha zona con innumerábeis recursos e atractivos son moi poucos os proxectos audiovisuais que se veñen a filmar no Miño. Por iso, o Filminho vai a convidar a dous proxectos a realizarse durante o próximo ano entre os candidatos que solicitaron a inscrición.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: