Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Granxas cara á ruína

Acusan a varios matadoiros de coordinárense para rebentar o prezo do coello

Desde o Sindicato Labrego din que tres matadoiros negocian consigo mesmo os prezos desde hai semanas. Creouse unha "situación insostíbel" para os produtores, denuncia Unións Agrarias.

Redacción - 10:00 25/07/2008

"Están provocando a ruína das granxas cunícolas en Galiza", denuncia o Sindicato Labrego Galego (SLG). Segundo detectaron, tres matadoiros levan semanas negociando entre si os prezos e, coa cobertura da Lonxa Agropecuaria de Galicia, causando descensos en até 41 céntimos en tres semanas. A situación mesmo empuxou a outras lonxas, caso da de Bellpuig, a virar á baixa cando de xeito natural estaban tendendo á alza.

Isto implica perdas millonarias para o sector produtor de carne de coello, que xa levaba ano e medio padecendo baixos prezos e producindo no gume dos custos. Por isto, desde o SLG solicítanlle ás administracións que lle metan man ao asunto e eviten este monopolio. Tamén lle piden á Lonxa Agropecuaria "que non se preste como escenario desta mascarada".

O caso foi denunciado tamén por Unións Agrarias (UUAA), desde onde recordan que os custos de produción para as granxas de coellos aumentaron até un 30% debido ao incremento do prezo dos pensos. Mentres, paradoxalmente, os prezos en orixe da carne de coello descenderon até un 25,2% no que vai de ano. Por riba, os prezos que na tenda están pagando polo produto chegan a cifras que UUAA considera "abusivas", debido á "especulación dos axentes intermediarios" na cadea de distribución de alimentos. Deste xeito, a marxe comercial na carne de coello sitúase nun 383%, prezo en orixe 1,19 e prezo en destino 5,75.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: