Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PUBLICARÁ O SEU PRIMEIRO LP A FINAIS DE ANO

Xa está aquí o novo de Som do Galpom

Publica un EP con seis cancións, que se pode descargar de balde na Regueifa Plataforma.

Redacción - 09:45 10/08/2008

As seis cancións en realidade son ben coñecidas polos seguidores do grupo: Dende a Moniña, Rosa do deserto, Xisco, Afrika, Rota e A Cama son habituais nos concertos da banda dende hai un tempo. A Cama, en concreto, unha das cancións máis coñecidas de Som do Galpom, e unha das candidatas na edición deste ano de A Polo Ghit: "Á xente gústalle moito -di Gael, cantante do grupo- sempre nola piden nos concertos e é moi pegadiza; xa a iamos presentar o pasado ano, pero non chegou a tempo".

Rota

Afrika

A cama


Som do Galpom ofrece unha boa cantidade de concertos cada ano. O 31 de xullo estarán na Sala Karma de Pontevedra, e o 1 de agosto na Fábrica de Chocolate en Vigo. Ademais teñen previstos concertos no Barco, en Culleredo e Vilalba en setembro. Antes ofrecerán dúas actuacións en Madrid; o 9 de agosto estarán na Sala La Boca del Lobo, e dous días despois pasarán por Móstoles para gravar dúas cancións en formato acústico para Intereconomía Televisión. Será a segunda vez que actúen fóra do país, despois de facelo hai un tempo en Euskadi.

Contra o final do ano Som do Galpom terán o seu primeiro disco longo, con novas cancións, nas que destaca a presenza da batería, que non aparecía nos primeiros temas do grupo.

O disco pódese descargar de balde na web da Regueifa Plataforma.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: