Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UNHA SALA DE CINE DE MADRID AUMENTA O REALISMO DO XOGO INCORPORANDO OS OLORES

O novo dos videoxogos: agora tamén se cheiran

No seu camiño cara conseguir o maior realismo posible, os videoxogos achegan agora a novidade de poder recrearse nos olores que as situacións provocan.

Redacción - 14:22 24/07/2008
Na busca do realismo total

Na busca do realismo total

A sala de cine madrileña Cinegames engade ás partidas experiencias olorosas como a pólvora nos xogos de guerra ou a goma quimada das carreiras de coches. Así ós efectos xa coñecidos como o fume, a néboa, o láser o flash ou a luz ambiental únense agora os efectos olorosos.

Todos os participantes xogan en tempo real a mesma aventura e os efectos especiais da sala están sincronizados, de maneira que se potencia a sensación de inmersión na acción do videoxogo que se está a desfrutar.

Así, nun xogo como "Call of Duty 4", o cheiro a pólvora e os flashes simulan un campo de guerra, mentres que nos xogos de conducción a goma queimada, a néboa e a vibración da butaca transmiten a sensación de estar a pilotar un verdadeiro coche de carreiras.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: