No acto, seralle entregado o o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra.
Ramiro Fonte
Na homenaxe, que comezará á unha do mediodía, está prevista a asistencia de numerosos escritores e creadores, amigos de Ramiro Fonte, e representantes da cultura galega, que se reunirán para recoñecer a obra e o traballo do autor de Pontedeume. Existe mesmo a posibilidade de que o propio ministro de Cultura do goberno español, César A. Molina, se desprace até Ferrol, para participar no acto.
Na xuntanza entregaráselle o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra, outorgado hai unhas semanas por un xurado composto por Julia Uceda, Iolanda Díaz, Félix Villares Mouteira, Miguel García-Posadas, Ramón Pernas, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Loureiro. O galardón foi creado por polo Coro Toxos e Froles da para conmemorar o 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.
Ramiro Fonte, membro correspondente da RAG, é actualmente director do Instituto Cervantes en Lisboa. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo en 1977 e publicou unha ducia de volumes de poesía, cos que obtivo numerosos premios, entre eles Premio da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica española, o Esquío, ou o Miguel González Garcés. Tamén é autor de oito novelas, a máis recente A ponte nos ollos (2007), conclusión da triloxía Vidas de infancia.