Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Burocracia,... ou algo máis fondo?

A Xunta non considera como Organización Ecoloxista a Amigos da Terra

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acaba de desestimar a petición de Amigos da Terra de renovación no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental. Dito rexistro é o que lle outorga as organizacións ecoloxistas o recoñecemento público e lexítimo dunha actividade, neste caso a prol do medio ambiente.

Amigos da Terra - 00:11 17/07/2008

Amigos da Terra, con máis de dez anos de actividade en Galicia, forma parte dunha das redes ecoloxistas internacionais máis estendidas, lonxevas e recoñecidas de todo o mundo; con máis dun millón de socios/as, cunha alta capacidade de interlocución cos gobernos nacionais, con rango de observadora dos tratados internacionais máis importantes, cun status de organización consultora da ONU, como representantes na Comisión Estatal de Comunicación e Educación da Biodiversidade, e como representante no Consello Asesor de Medio Ambiente do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, e con máis de 20 convenios asinados e aproximadamente 300 proxectos executados ca Administración Galega.

Con este brevísimo resumo das actuacións da entidade, dende a Consellería de Medio Ambiente comunicase que a organización Amigos da Terra non pode ser inscrita no rexistro público de entidade de carácter ambiental, porque segundo dita Consellería dentro dos nosos fins non está claro a defensa do medio ambiente.

Non será acaso que molesta o feito de ser unha organización que se ten caracterizado polo seu carácter libre, independente, apartidista, crítica, e sobre todo non dócil? Non será, máis ben, que no fondo ó poder intenta eliminar o que non pode controlar e polo tanto resultan molestos os axentes sociais independentes e queren excluírnos para que non sigamos a desenvolver nosas actividade con espírito crítico na defensa do medio ambiente?

Pódese xustificar de moitas maneiras, pero parécenos un grave e intolerable atropelo á traxectoria da organización, que supón unha merma dos nosos dereitos, ademais de limitarnos ó acceso a recursos públicos para desenvolver a nosa labor. Unha vez máis queda clara a incompetencia e falta de coñecemento do ámbito ambiental e os seus axentes sociais por parte dos funcionarios e, ase mesmo, o pouco criterio ou cando menos o pouco coidadoso dos responsables asinantes do rexistro.

Desde Amigos da Terra esiximos unha rectificación inmediata a este atropelo absolutamente vergoñento, inxustificado e sen precedentes.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: