Foi na Copa do Mundo, en Crestuma (Portugal) esta fin de semana. Tamén houbo medallas para outros galegos, a maior parte das 10 que trouxo a selección estatal.
David Mascato debutaba o sábado en Cretuma, na Copa do Mundo. Era a súa primeira proba individual en C-1 sénior, despois de moitos anos facendo parella con Fredi Bea. Esta medalla únese á prata que o grovense gañou en 2003, no Campionato do Mundo de Maratón, mais naquela altura ía no C-2 xunto a Bea.
As medallas galegas
Outro podio destacado foi o de Cristian Ribadomar, palista do Breogán Outón Xunqueiriña, que obtivo o bronce no C-2 sénior, xunto ao vasco Beñat Aritmendi.
A catoirense María Pérez (Club As Torres Romaría Vikinga) subiu ao segundo caixón do podio en K-2 sénior, xunto con Ainoa Portela, do Club Piragüismo Getxo. No sábado tamén destacou a actuación do arousán Xoán Ramón Bayón, que subiu ao máis alto do podio en C-1 júnior.
O domingo tamén chegou a medalla de ouro que gañou a tudense Elisa Vázquez, coa súa compañeira del Cisne de Valladolid Sheila Sáez. Ámbalas dúas cruzaron a meta de primeiros no K-2 júnior.