Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓN

Os escritores de Galeusca arrepóñense aos ataques contra a normalización

Autores cataláns, vascos e galegos publican un escrito contra o "Manifiesto por la Lengua Común" e fan un chamamento para que a cidadanía se sume ao documento.

Redacción - 12:50 11/07/2008

O pasado mes de xuño un grupo de intelectuais próximos a UpyD fixeron público un escrito titulado “Manifiesto por la Lengua Común”, no mesmo reivindicaban o papel do castelán como lingua prioritaria en todo o Estado. No texto non se aforraban ataques contra os intentos de normalización lingüística en Galiza, Cataluña e Euskadi á vez que se propoñía unha reforma constitucional que supeditase aínda máis as linguas destes países á castelá. A esta campaña de adhesións ao manifesto sumáronse inmediatamente importantes medios de comunicación madrileños como El Mundo ou Tele 5, entre outros.

A iniciativa tómana agora os escritores en lingua catalán, euskera e galega aglutinados na Federación de Asociacións de Escritores Galeusca (composta pola Associació d'Escriptors en Llengua Catalana, a Euskal Idazleen Elkartea e a Asociación de Escritores en Lingua Galega). Os colectivos defenden o dereito á normalización plena destas linguas e condenan o ataques á pluralidade lingüística do Estado.

Dende a Aelga piden que as adhesións individuais e colectivas a este manifesto se fagan chegar ao seguinte enderezo: oficina@aelg.org

Consulte aquí o manifesto íntegro dos escritores agrupados en Galeusca


4,94/5 (62 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: