Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sentenza da Audiencia Nacional

Condenan a pagar 2.700 euros aos dous mozos cataláns acusados de queimar imaxes do rei

Se non abonan a multa, Jaume Roura e Enric Stern veríanse obrigados a pasar quince meses en prisión. Acúsanos de cometer inxurias contra a Coroa.

Redacción - 19:20 10/07/2008
Pintada de apoio aos dous mozos

Pintada de apoio aos dous mozos

A Audiencia Nacional condenou os dous mozos independentistas cataláns, Jaume Roura e Enric Stern, acusados de queimar, publicamente, varias fotografías do monarca español en 2007, a unha pena de prisión de quince meses, substituíbel por unha multa de 2.700 euros para cada un.

É a mesma pena á que os condenaron no mes de novembro pasado, nun xuízo que finalmente se anulou porque os dous mozos non puideran declarar en catalán, co que ficaba vulnerado o seu dereito á última palabra. A intención do avogado de Stern e Roura, Benet Salellas, é a de recorrer a sentenza porque esta segunda é, segundo dixo, igual que a emitida en novembro"Non tocaron nin unha coma, mesmo a fundamentación é a mesma", dixo, ao tempo que denunciaba que se trata, ao seu ver, dun "acto de corporativismo xudicial"

A resolución xudicial repítese: Inxurias contra a Coroa
A repetición do xuízo déralle esperanzas á defensa, que cría que a resolución ía ter outro talante. No xulgado, os dous acusados admitiron ter queimado as imaxes do rei español, e a defensa pediu que fose absolvidos, argumentando que a súa actuación se enmarcaba no dereito á liberdade de expresión.

Mais a resolución xudicial, feita pública esta quinta feira, estabelece que "a Constitución española recoñece o dereito á liberdade de expresión e á participación política, mesmo a quen é contrario ao sistema constitucional", mais sinala que "unha cuestión distinta é cando en abuso de exercicio do dereito se pretende menoscabar a dignidade de outro, neste caso da Coroa".


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: